“Dous osiños” de Ylla
A editorial Kalandraka publica con moita ilusión este álbum ilustrado, con fotografías, que foi un éxito mundial publicado en Nova York en 1954, como “fotoliteratura” para o público infantil e xuvenil.
A fotógrafa e autora, Ylla (Viena 1911-India 1955) foi un referente na súa época, considerada coma unha das mellores fotógrafas de animais no século XX.
Consegue de maneira única retratar a natureza e a fauna, e contarnos seguindo o esquema de contos tradicionais una tenra historia entre dous osiños, que queren descubrir o mundo que lles rodea desobedecendo os consellos da súa nai. E consigueo monstrando en cada fotograma en blanco e negro a situación que lles acontece a estes dous animaliños no seu particular recorrido polo bosque, e como se de dous pequenos travesos foran: corren, xogan, descobren, gabean, nadan… ata que atópanse con outros animais os que piden axuda para atopar a súa nai.
Un álbum ilustrado para ler, contar, disfrutar e transmitir o amor pola natureza cunha imaxe visual única como nunca antes vimos nos contos para nenos.
Chus Otero, Librería Moito Conto (A Coruña)