“Plasticus Maritimus” de Ana Pêgo, Isabel Minhós Martins e Bernardo Carvalho

Plasticus maritimus. Unha especie invasora

Plasticus maritimus. Unha especie invasora

Pêgo, Ana / Minhós Martins, Isabel

ISBN

978-84-1343-016-4

Editorial

Kalandraka Editora

Donde comprarlo

Con formato de caderno de campo, “Plasticus Maritimus” de Ana Pêgo e Isabel Minhós Martins (Kalandraka) son varios libros nun.

Dunha banda, é un libro que explica de xeito claro e amplo a importancia dos océanos. Danos toda a información relativa aos plásticos e os seus efectos nos mares utilizando un recurso que fai moi atractiva a lectura e a información: trata aos plásticos coma se fosen unha especie máis, unha especie invasora e destrutiva: o plasticus maritimus.

As ilustracións de Bernardo P. Carvalho transforman as imaxes que nos chegan moitas veces en fotografías en debuxos cheos de cor pero sen disimular nada da súa crudeza, aínda que a fai algo máis fácil de asimilar, sobre todo para as crianzas. 

Ademáis de dar unha información completa, é tamén unha guía para reducir o consumo de plásticos e para mellorar o estado das nosas praias. Acompáñana numerosas fotografías que funcionan como documentación e que mostran cómo se pode facer un traballo de limpeza, clasificación e reciclaxe.

Parécenos un libro perfecto para informarnos e á vez, impulsar a acción con propostas concretas. Para usar na casa e fóra. Para cada un e tamén para a familia.

Cielo Fernández Fernández, Librería Bahía (Foz, Lugo)